A nosa Entidade recibiu un gran axuda este ano, a mesma foi concedida ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para actuacións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da Información, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013
A axuda que recibimos ascende a un total do 85% dos gastos invertidos para esta finalizadade, así dende ACODE invertimos un total de 4.274,67 € dos cales a Secretaría nos aportou 3.633,47 €.
con esta axuda, a cal saíu pública no DOGA con data de mércores 26 de outubro de 2011, nº 205 a Entidade ACODE adquiriu:
- 2 ordenadores portátiles.
- 2 SAI 800VA
- 2 Disco Duro HDD
- 1 pizarra dixital
Todo este material permitiunos unha vez máis acercas as Novas Tecnoloxías a un gran número de nenos e nenas dos concellos de Silleda, Forcarei, Cuntis, Lalín e Rodeiro…os cales poideron disfrutar de actividades novidosas cos mesmos, aumentar a súa aprendizaxe e familiarizarse con estes novos medios tecnolóxicos, unha nova forma de aprender.
Benvidos amigos e amigas, esperamos que o voso acercamento a Asociación ACODE sexa do mais proveitoso.
Quedando coma sempre a vosa enteira disposición. Moitos bicos AMIGOS
